Trienos interinos

logodxxxxNa Intranet publicase no día de hoxe, 10.2.09, a seguinte nota: Tras seren solucionados, en principio, todos os atrancos que houbo na aplicación informática, que foi necesario resolver e que revestiron certa complexidade na medida en que implican a esta dirección xeral, ao CIXTEC, á Intervención e ás catro delegacións provinciais, e sempre que non xurdan máis problemas técnicos, a todo o máis tardar na vindeira nómina do mes de marzo efectuarase o pago dos trienios.

Temos constancia de que se lle vai notificar a cada interesado individualmente o Acordo de recoñecemento dos trienios que cada un teña recoñecidos para que, no seu caso, se non estivese de acordo coa devandita cuantificación, poida recorrelos, como así é de dereito.

Tendo en conta o grande número de interesados, moito temémonos que a devandita notificación se realizará con posterioridade ao percibo da primeira mensualidade dos trienios.

Los comentarios están cerrados.