TOD@s AUXILIOS XUDICIAIS TEÑEN O DEREITO A TER A MESMA FORMACIÓN

Resultado de imagen de IGUALDAD EN FORMACIÓN

Na Intranet  publicouse a apertura do prazo para inscribirse nas sesións de formación PRESENCIAIS que terán lugar o dia 25 de Outubro sobre a utilización de equipos de videoconferencia, destinadas a adquirir coñecementos e resolver dúbidas sobre o manexo do sistema de videoconferencia.

Estas xornadas son PRESENCIAIS  e haberá dúas sesións , as 9.00h. e ás 12.30 h. somentes en A Coruña , Santiago , Ferrol , Lugo Ourense , Pontevedra e Vigo.

Desde SPJ USO aplaudimos calquera iniciativa práctica de formación en favor dos traballadores, pero neste caso a formación debe ser completa e non quedar colla como neste caso:

 1.- Os ciclos formativos non cobren a demanda dos Auxilios Xudiciais nas cidades onde se van a realizar os ciclos formativos e limitan a formación de traballadores destinados noutras localidades.

SPJ USO defende que a formación debe chegar e ser a mesma para todos os traballadores que realizan a función de videoconferencia, independentemente de onde sexa o seu posto de traballo.

POLO QUE SOLICITAMOS:

Que se amplíen os ciclos de formación e se establezan novas sedes  para a celebración  desas sesións  en todas aquelas localidades onde  esteen instalados os equipos de videoconferencia , e para o caso de que non se estime a petición de novas sedes, que pola Xunta de Galicia se amplíen as xornadas necesarias  e  se abonen os correspondentes gastos de desprazamento o@s  compañeir@s que se teñan que desprazar.

 En Vigo a 22 de outubro de dos de dous mil dezanove

ESCRITO PRESENTADO VIDEOCONFERENCIAS

 

Los comentarios están cerrados.