SPJ-USO SOLICITA O CUMPRIMENTO DO ACORDADO E ESIXE QUE O TEMPO TRABALLADO COMO LAX SEXA COMPUTADO COMO MÉRITO BAREMABLE CONFORME Ó ARTIGO 10.2º DA ORDE DE INTERINOS PARA A NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA.

SPJ-USO SOLICITA O CUMPRIMENTO DO ACORDADO E ESIXE QUE O TEMPO TRABALLADO COMO LAX SEXA COMPUTADO COMO MÉRITO BAREMABLE CONFORME Ó ARTIGO 10.2º DA ORDE DE INTERINOS PARA A NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA.

Este Sindicato solicitou tanto por escrito así como nas reunións telemáticas celebradas entre as OOSS e a Administración que o concepto “ TEMPO TRABALLADO COMO FUNCIONARIO INTERINO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA” nas que se contempla que non só se englobe  aos corpos xerais senón que se debería ampliar ao corpo de Letrados Interinos da Administración de Xustiza, Xuices e Fiscais, dado que a súa experiencia e coñecementos son suficientemente xustificados para que os seus servizos prestados sexan baremados e recoñecidos de maneira xusta para acceder á presente convocatoria. Este precepto pactouse de maneira verbal na última reunión e por tanto insistimos que  debería respectarse e aplicarse a este corpo, tendo cabida xurídicamente no apartado segundo do punto 2 do artigo 10: “0,15 puntos por cada mes completo de servizos como funcionario interino da Administración de Xustiza nun corpo funcionarial superior a aquel onde solicite ser incluído”.   Pois ben, para a nosa sorpresa, a DXX trasladounos que, a pesar de aparecer os servizos prestados como LAX precargados no apartado correspondente da aplicación para formulación de solicitudes, non se ía computar o tempo traballado como mérito, polo que dende SPJ-USO formulamos a nosa protesta formal e solicitamos o inmediato cambio de criterio.

POLO QUE DESDE SPJ-USO SOLICITAMOS, mediante escrito dirixido á DXX:

Que a DXX PROCEDA A CUMPLIR O PACTADO COAS OOSS E EN CONSECUENCIA A BAREMAR COMO MÉRITO NA NOVA BOLSA DE INTERINOS CONVOCADA conforme a RESOLUCIÓN DE 28 DE XANEIRO DE 2022 da DXX o tempo traballado como LAX (así como Xuices e Fiscais) con 0,15 puntos por cada mes completo de servizos prestados como funcionario interino da Administración de Xustiza nun corpo funcionarial superior a aquel onde solicite ser incluído, conforme ó establecido no artigo 10.2º.2 da Orde de Interinos de 2018, conforme á redacción dada pola Orde de 2021, así como no cumprimento do establecido no artigo 23 da Constitución e 1.3 B) do EBEP debendo garantirse unha situación xurídica de igualdade no acceso a funcións públicas, evitando situacións de carácter discriminatorio que prexudiquen aos aspirantes ao carecer dunha xustificación obxectiva, razoable e desproporcionada.

Accede ó escrito presentado na DXX:

RECOÑECEMENTO TEMPO TRABALLADO LAX

Justificante-PR004A-20220214

 

Los comentarios están cerrados.