SPJ USO SOLICITA FORMACIÓN PRESENCIAL POR MOR DO CONCURSO DE TRASLADO

Resultado de imagen de FORMACIÓN PRESENCIAL

1º.-  O Ministerio de Xustiza ven de informar que a resolución definitiva do Concurso de Traslados 2019 se vai publicar no BOE do martes 19 de febrero de 2019.

2º.– Que logo de estudar a lista definitiva, cómpre salientar que na nosa Comunidade Autónoma van ter entrada non poucos funcionari@s  xudiciais que veñen trasladados doutras CCAA do Estado, que nalgúns casos nen sequera  utilizan o sistema de xestión procesual Minerva, o que provocará un enorme problema para estes traballador@s, pola necesaria adaptación e, tamén, para o funcionamento dos Órganos xudiciais onde conseguiron destino,  xa que teñen que empezar a tramitar cun sistema cuxo funcionamento, en moitos casos, descoñecen, por unha banda, unido á presión dunha  realidade  de sobrecarga de traballo existente e a esixencia dun ritmo alto de traballo.

.- Que da mesma lista definitiva do concurso de traslado, despréndese que hai  órganos xudiciais nos que vai haber un importantísimo movemento de traballador@s.

Todo esto  provoca que, vai ser prácticamente imposible evitar a paralización do traballo mentres os traballador@s non se adapten os seus postos.

Por outra banda, tampouco se pode tolerar que sexan os  propios traballador@s, que xa sofren unha sobrecarga de traballo nos seus postos, sexan os encargados e responsables de empregar parte do tempo en formar os seus novos compañeir@s, xa que,  debido a esta situación, non poden desenvolver a súa labor eficazmente,  o que necesariamente provoca un retraso no traballo, sobre todo nos xulgados encargados de tramitar temas tan urxentes e graves como son temas de familia ou penais.

En definitiva, este grave problema que se repite ano tras ano, con ocasión do concurso de traslado e denunciados en varias ocasións por este Sindicato,  ten un claro prexudicado, o cidadán, e non deixa de ser un claro exemplo do que non debe ser un servizo público esencial que funcione correctamente para garantir o noso estado social e democrático de dereito.  Non podemos tolerar que ás deficiencias estructurais, que se traducen en falta de medios e lentitude característica da Xustiza,  se sume unha deficiente formación dos propios funcionari@s por parte da propia Administración.  4º.– Polo tanto, da situación exposta, derívase inequívocamente a necesidade de impartir FORMACIÓN, que debe ser PRESENCIAL,  para ser realmente eficaz, no propio posto de traballo a todos os traballador@s que a precisen a resultas dos cambios provocados polo concurso de traslado, polo que propoñemos que se contacte con eles a fin de constatar en que casos, por carecer de experiencia previa no mesmo tipo de Xulgado, ou no sistema de xestión procesual por trasladarse dende un destino fóra da CCAA, é precisa a dita formación.

POLO QUE  SPJ USO SOLICITA, que por parte da Dirección Xeral de Xustiza, se proceda a dar as ordes oportunas para ofertar formación presencial imprescindible para que  todos aqueles traballador@s que o precisen por mor do concurso de traslado podan desenvolver o seu traballo nas condicións adecuadas e, en definitiva, prestar un auténtico servizo público eficiente  á cidadanía.

ESCRITO PRESENTADO:

SOLICITUD FORMACIÓN PRESENCIAL CONCURSO TRASLADO

Los comentarios están cerrados.