SPJ-USO SOLICITA A REALIZACIÓN DA PROBA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCER COLORRECTAL DENTRO DA CAMPAÑA DE VIXILANCIA PERIÓDICA DO ANO 2019

Resultado de imaxes para vigilancia de la saludCon data de 4 de febreiro publicouse no DOG, a Resolución do 21 de xaneiro de 2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica de saúde para o ano 2019 no ámbito da administración xeral da  Xunta de Galicia.

 No seu ámbito de aplicación no que estamos incluídos os funcionarios de xustiza, non se inclúe no recoñecemento médico a proba de detección precoz de cancro colorrectal.

 Esta proba se se realiza en cambio pola Consellería de Sanidade a través do SERGAS.

A inmensa maioría dos funcionarios de xustiza que traballamos en Galicia estamos incluídos na Mutualidad Xeral Xudicial ( MUGEJU) e por tanto salvo un pequeno número de funcionarios non temos cobertura sanitaria co SERGAS.

Téñase en conta por unha banda que é unha proba moi sinxela de realizar, mediante a recollida dunha mostra de sangue en feces, que supón un custo ínfimo en comparación coas vantaxes de detección precoz que ofrece.

Doutra banda tense que ter en consideración tamén que hai unha porcentaxe moi elevada de funcionarios que prestan os seus servizos nos órganos xudiciais galegos que exceden a idade recomendada para a realización da proba (50 anos en diante).

Cremos por tanto que non hai ningún motivo polo cal non se poida incluír esta proba dentro do recoñecementos médico e si en cambio supoñería unha clara discriminación a súa non realización con respecto ao resto da cidadanía galega que si pode ter acceso a esta proba.

POLO QUE SOLICITAMOS QUE SE INCLÚA A PROBA DE DETECCIÓN PRECOZ DE CANCRO COLORRECTAL DENTRO DA CAMPAÑA DE VIXILANCIA PERIÓDICA DE SAÚDE PARA O ANO 2019.

ADJUNTAMOS PDF CON EL ESCRITO PRESENTADO ANTE LA DXX

SOLICITUDE PROBA DE CANCRO COLORRECTAL

Los comentarios están cerrados.