SPJ-USO SOLICITA A DXX QUE SUBSANE O ERRO NOS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES 2022 QUE APARECE NA OPAX

Debido ás múltiples consultas que nos fixeron os compañeiros, volvemos reiterar ante a DXX a existencia dun erro no aplicativo OPAX no tocante os días de permiso correspondentes ao ano 2022.

Comprobouse que no OPAX continúan aparecendo como días de permisos para este ano 11 días, cando en realidade son 12.

Segundo dispón o calendario laboral vixente para administración de Xustiza de Galicia, todos aqueles festivos nacionales  que coincidan en sábado e non sexan recuperables deberán compensarse cun día adicional, da mesma maneira que se o 24 e 31 de decembro de 2022 coinciden en sábado ou domingo.

Neste ano 2022 tanto o 1 de xaneiro (festivo nacional non recuperable) coma o 24 e o 31 de decembro coinciden todos en sábado, polo que hai que engadir os 9 días de permiso otros 3 máis, o que fai un total de 12 días.

Dende SPJ-USO puxémonos en contacto directamente coa DXX manifestándonos que se trata dun erro e que están a traballar para subsanalo, confirmándonos que en breve modificarase no OPAX.

Los comentarios están cerrados.