SPJ-USO SEGUE LOITANDO POLA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR. AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN DENDE O 1 DE XUÑO Ó 30 DE SETEMBRO.

Resultado de imaxes para jornada de veranoSPJ-USO, logo de acadar que A Dirección Xeral de Xustiza modificase no 2018 durante a vixencia do horario de verán, tanto o horario de entrada como o réxime das prolongacións de xornada, seguimos a loitar por mellorar as condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

Ademais desas dúas reivindicacións “históricas” SPJ-USO leva anos esixindo a ampliación do horario de verán dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro conforme á normativa estatal, de apliación supletoria conforme ó disposto na LOPX.

SPJ-USO ven de presentar novo escrito con data de entrada 21-5-2019 solicitando que se amplíe a xornada intensiva de verán para o persoal ó servizo da Administración de xustiza, nos térmos establecidos na Resolución de 12/6/2017 ditada pola Secretaría de Estado de Función Pública, que modifica a de 28-12-2012, establecendo que “Por motivos de conciliación de la vida familiar y laboral, los empleados públicos con hijos, descendientes o personas sujetas a su tutela o acogimiento de hasta 12 años de edad, o sin límite de edad en el supuesto de discapacidad superior o igual al 33 % de los anteriores, y siempre que convivan con el solicitante y dependan de este, estando a su cargo, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva desde el 1 de junio y hasta el 30 de septiembre. Este derecho podrá ejercerse también en el año en que el menor cumpla la edad de 12 años”.

Entendemos que dita normativa e de aplicación supletoria para o noso colectivo, e por iso, seguiremos traballando para acadar a ampliación da xornada intensiva, en defensa da conciliación da vida familiar e laboral.

ADXUNTAMOS ENLACE CO ESCRITO PRESENTADO POR SPJ-USO

AMPLIACIÓN XORNADA DE VERÁN

Los comentarios están cerrados.