SPJ-USO INFORMA. PECHE DA FASE DO PLAN DE RECUPERACIÓN INICIADO O 15/10/2018

Resultado de imagen de direccion xeral de xustiza

PLAN DE RECUPERACIÓN: Peche da fase do plan de recuperación iniciado o 15/10/2018

O próximo xoves, día 15 de novembro, finaliza a fase do plan de recuperación que se iniciou o día 15/10/2018 nestes órganos. Non obstante, os xulgados de familia, os que levan as cláusulas chan e os de violencia sobre a muller exclusivos iniciarán unha nova fase, que abranguerá do 16/11/2017 ao 16/12/2018.

O persoal voluntario dos mencionados xulgados que desexe continuar co plan nesta nova fase primeiro deberá pechar e enviar telematicamente o parte de actividade correspondente ás horas extra realizadas no período comprendido entre o 15/10/2018 e o 15/11/2018, e despois, para facer constar as horas realizadas no segundo período, comprendido entre o 16/11/2017 e o 16/12/2018, deberá abrir un novo parte. O máximo de horas a realizar en cada un dos períodos é de 20.

Los comentarios están cerrados.

Abrir chat
A %d blogueros les gusta esto: