SPJ-USO INFORMA. MAÑÁ VENRES DÍA 16 DE NOVEMBRO ENTRA EN VIGOR A NOVA ORDE DE INTERINOS.

O próximo venres, día 16 de novembro de 2018 entra en vigor a nova orde de interinos Orde do 4 de outubro 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Lémbrase que para dar cumprimento ás obrigas derivadas desta orde, tanto o persoal interino que estea prestando servizos coma as persoas que figuran incluídas nas vixentes bolsas de traballo e reserva deben estar de alta no sistema Notific@,
A Administración creará de oficio o enderezo habilitado único daquel persoal que non tramitase a alta no sistema Notific@.
Lémbrase así mesmo o previsto no artigo 16.3. da Orde respecto á obriga de comunicar á xefatura territorial correspondente a desaparición da causa que motive unha suspensión de chamamentos.

Los comentarios están cerrados.