SPJ-USO INFORMA: EGAP – CURSOS

Resultado de imaxes para egap aula virtual

Escola Galega de Administración Pública

Publicada no DOGA a RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019 pola que se convoca o curso superior As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica.

–      Prazas: 80.

–      O curso desenvolverase na EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, nas seguintes datas: 21 e 28 de maio; 4, 11, 18 e 25 de xuño; e 2 e 9 de xullo de 2019.

–      Terá unha carga lectiva de 45 horas presenciais, distribuídas en 8 sesións: 7 sesións de 6 horas lectivas, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas) e en horario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas), e unha sesión de 3 horas, o último día do curso, en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas).

–      Inscripción: dende mañá 10 de maio ata as 23.00 horas do día 14 de maio de 2019  no enderezo

https://egap.xunta.gal/matricula

–      Amplía información no enlace o DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190509/AnuncioO150-030519-0001_gl.html

Los comentarios están cerrados.