SPJ-USO INFORMA: CONCURSO DE TRASLADOS 2019

Resultado de imaxes para concurso de traslados

Ante o retraso, un ano mais, no CONCURSO 2019, e tralas xestións realizadas por SPJ-USO ante a Dirección Xeral de Xustiza, maniféstasenos que nos vindeiros días darásenos traslado para alegacións das prazas que se ofertarán en Galicia para que fagamos as alegacións oportunas.

Lembramos que o artigo 44.1 do Regulamento de Ingreso establece que os concursos de traslados deben convocarse dentro do primeiro trimestre de cada ano, saltándose totalmente ano tras ano esta normativa o Ministerio de Xustiza, e non cumpríndose nunca as previsións normativas, perxudicando continuamente ós traballadores no seu dereito á conciliación da vida laboral e familiar.

Pois ben, o Ministerio de Xustiza infórmanos que TEN INTENCIÓN DE CONVOCAR O CONCURSO 2019 A PRINCIPIOS DO MES DE XUÑO.

Manterémosvos puntualmente informados.

Los comentarios están cerrados.