SPJ-USO INFORMA: ACTUALIDADE DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Ver las imágenes de origenCONCURSO DE TRASLADOS

Ó fin o Ministerio de Xustiza, ven de reclamar ás CCAA con competencias , entre elas Galicia, a relación de prazas a ofertar no próximo concurso de traslados 2019. Infórmasenos de que nesta semana darásenos traslado da relación de prazas a ofertar para alegacións, e posteriormente remitiranse ó Ministerio. Precisamente o propio Ministerio informa que ten intención de convocar o concurso no BOE cara finais de xuño ou principios de xullo, barallando como data previsible e non definitiva a do 28 ou 29 de xuño.

OPOSICIÓNS-PROMOCIÓN INTERNA-OEP 2017/18

O Ministerio confirma unha vez mais, aínda que non oficialmente , que as datas para realizar os exames de promoción interna serán os próximos 29 de xuño ( xestión) e 30 de xuño ( tramitación) data para a que xa está feita a correspondente reserva de aulas.

Nos próximos días publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos e oficializaranse a data dos exames, abríndose o prazo de 10 días hábiles para alegacións ás listaxes provisionais.

OPOSICIÓNS- TURNO LIBRE- OEP 2017-18

O Ministerio convocou ás organizacións sindicais a xuntanza para o vindeiro 6 de xuño sobre a baremación da fase de méritos do turno libre.

MODIFICACIÓN DA NORMATIVA DE PERMISOS EN GALICIA CONFORME A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA

Consecuencia da firmeza da sentenza ditada en data 19 de decembro de 2018 pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,  en relación á concesión do permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun/dunha familiar recollido no artigo 11 da Resolución do 8 de abril de 2009, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia,  enténdese por  “LOCALIDADE”, a localidade da residencia do funcionario e non a localidade onde radica o seu posto de traballo.

Recordamos que en relación ó dito permiso establécese:

FALECEMIENTO, ACCIDENTE OU ENFERMIDADE GRAVE DUN FAMILIAR – ART. 11

1º grado: 3/5 días hábiles, segúndo sexa a mesma ou distinta localidade.

2º grado: 2/4 días hábiles, segúndo sexa a mesma ou distinta localidade.

Enténdese enfermidade grave cando media hospitalización, intervención quirúrgica mayor o cuando lo determine el informe médico.

No suposto de enfermidade ou accidente pódense disfrutar de forma discontinua (por días soltos) no prazo de 1 mes a contar dende a data do feito causante del permiso.

Polo tanto, no sucesivo, para a determinación dos días de permiso, enténdese por  “LOCALIDADE”, a localidade da residencia do funcionario e non a localidade onde radica o seu posto de traballo.

FORMACIÓN EGAP

DOGA de 31-5-2019 – EGAP – Publicada RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2019 pola que se convoca o “curso monográfico Dereito TIC e Compliance”.

▪Duración: 14 horas lectivas.

▪ Lugar: EGAP

▪ Datas: 11, 13, 17 e 19 de xuño de 2019.

▪ Horario: das 16.00 ás 19.30 horas.

▪ Prazas: 50.

▪ Inscrición: O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8:00 horas do 1 de xuño ata as 23.55 horas do 5 de xuño de 2019.

▪A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

▪ Formalizada a inscrición vía telemática, deberá enviarse, ademais e antes de que finalice o prazo e a hora de inscrición, un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal achegando copia dalgún dos títulos requiridos e especificados no punto 3 desta convocatoria (doutoramento, licenciatura, diplomatura…) no caso de que non obren en poder da Administración.

Amplía a información no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190531/AnuncioO150-240519-0001_gl.html

IMPLEMENTACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN DE AVALIACIÓN ESPECÍFICA DE TRABALLOS DE CAMPO NOS SCN

Fai dous anos SPJ USO solicitou ante a DXX unha placa identificativa para os traballadores do Servizo común de notificacións e embargos, posteriormente unhas lesións a unha traballadora no SCNE da Coruña, provocou que se elaborase unha avaliación de Riscos, coas seguintes conclusións:

Procederase entrega de equipos de protección individual, consistente:

1.- Tarxeta identifica da función que está a desenvolver na rúa, incluiría:

– Imaxe corporativa institucional dá Xunta de Galicia e dá Administracion de Xustiza.

– Número de identificación persoal ( NIP), que é ou código alfanumérico asignado a cada empregado público pola Dirección Xeral de Xustiza. .

– Fotografía dá persoa titular

– Unidade onde presta servizos.

Farase entrega a 86 funcionarios e despois farase extensiva a tod@ s l@ s traballadores da Administración de Xustiza.

Data de entrega, aínda non se sabe por que a tarxeta ten que ser aprobada polo Consello.

2.- Un chaleco (peza aberta a suxerencias) e impermeables, a proposta da Administración en canto aos chalecos é que leve imaxes cos escudos coa Administración de Xustiza e cunha banda reflectora e como cor barallan o azul. Vai pedir aclaración ao Técnico que realizou a Avaliación para que concrete a obrigatoriedade do uso do chaleco e despois realizaranse suxerencias sobre lemas, cores, etc.

3.- Silbato para cans.

Los comentarios están cerrados.