REUNIÓN MESA SECTORIAL 29/12/2021 PARA A FORMACIÓN DA NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA

No día de hoxe 29 de decembro celebrouse a primeira reunión para a elaboración da nova bolsa de interinos, nas que estivemos presentes todas as organizacións sindicais, excepto CSIF,  por non ter representación na Mesa Sectorial de Xustiza.

A Dirección Xeral presentounos un borrador de negociación  para o incremento do  número de integrantes das novas bolsas ( proposta a que lle dimos difusión para o coñecemento de todos os posibles interesados), e que para SPJ-USO   na maioría dos corpos e provincias e totalmente inxustificada por excesiva. O noso sindicato foi o ÚNICO QUE PRESENTOU POR ESCRITO UNHA PROPOSTA ANTE A DXX  que inclue un pequeno aumento nos porcentaxes, pero lonxe dos grandes incrementos que pretendía incluir a Dirección Xeral.

Tamén solicitamos que se inclua  unha LISTA DE BAREMADOS para o caso de que se esgoten as bolsas de traballo e de reserva e poder darlle así a oportunidade de traballar a todos os que presenten a súa solicitude e resulten baremados.

O propio Director Xeral , no transcurso da reunión admitiu que a súa proposta de incremento no numero de integrantes das bolsas podería ser excesiva con respecto á actual e aceptou  tamén a nosa proposta de formación dunha lista de baremados, que irá reflectida  na nova bolsa que se convoque.

En breve vannos remitir unha NOVA PROPOSTA,  na que esperamos e dexexamos  que se recollan as modificacións que vos estamos a contar e que vimos reivindicando dende o principio da negociación.

A previsión é que nos convoquen para unha vindeira reunión na semana do 10 de xaneiro para pechar o texto da nova bolsa,  e que a convocatoria da nova bolsa de interinos se publique a última semana de xaneiro ou primeira de febreiro.

 

Los comentarios están cerrados.