RESOLUCIÓN definitiva do concurso específico de méritos de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de LUGO e OURENSE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

Segundo. Resolver o concurso específico e adxudicar os postos convocados:

– Responsable Estatística, Rexistro e Calidade II da Fiscalía Provincial de Lugo a Stella Maris Rodríguez Martínez.

– Responsable Estatística, Rexistro e Calidade II da Fiscalía Provincial de Ourense a María Luisa Rodríguez Pérez.

Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga en ambos ao mesmo tempo, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Accede ao DOGA.- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230307/AnuncioV0654-270223-0002_gl.html

Accede ao BOE.-

Haz clic para acceder a BOE-A-2023-5966.pdf

Los comentarios están cerrados.