RESOLUCIÓN CONCURSO ESPECIFICO FISCALIA DA CORUÑA

Resultado de imagen de CONCURSO ESPECIFICORESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña.

Primeiro.

Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola comisión de valoración do concurso específico.

Segundo.

Resolver o concurso específico e adxudicar o posto de responsable de estatística, rexistro e calidade da Fiscalía Provincial da Coruña a:

– Francisco Javier Filgueiras Jaspe.

Terceiro.

Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto.

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga asemade en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

Los comentarios están cerrados.