Hoxe, 16 de xuño, publicouse no DOG, ORDE do 1 de xuño de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do seguinte posto de traballo:
Denominación do posto: secretario/a.
Subgrupo: C1-C2.
Nivel: 20.
Complemento específico: 7.701,40 euros.
Corpo ou escala: xeral/tramit. procesual e adtvo.
Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia,Estado e CC.AA. e Administración de xustiza).
Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
Dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior.
Localidade: A Coruña.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para acceder a resolución, pincha aquí.