PUBLICADAS NO DOG DE HOXE AS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR POR REDUCCIÓN DE XORNADA

Resultado de imaxes para conciliacion de la vida laboral y familiarNo DOG de hoxe publícase a Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só si son familias monoparentais) que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019 , ambos incluídos, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.

No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.

2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) Estar empadroado en Galicia, como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2018 e manter esa situación durante todo o período subvencionado; b) Convivir coa filla ou fillo; c) Se for o caso, a persoa cónxuxe ou parella debe estar traballando; d) Ter uns ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2017).

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Los comentarios están cerrados.