PUBLICACIÓN NO DOGA DA MODIFICACIÓN DA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS SOLICITADA POR SPJ-USO

A DXX infórmanos que, conforme solicitou SPJ-USO, mañá mércores 16/2, está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 7 de febreiro de 2022, da dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao Servizo da Administración de Xustiza en Galicia, na cal se elimina o requisito de permanecer 6 meses continuados no posto de traballo no caso de persoas que cesen nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a motivou (causas alleas á dúa vontade).


SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!! FEITOS, non palabras!!!

Los comentarios están cerrados.