PONTEVEDRA: SPJ-USO esixe o REPARTO INMEDIATO DAS PRAZAS DE GARAXE NA PARDA.

📢🔊 SPJ-USO ESIXE Á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA E Á XUIZ DECANA DE PONTEVEDRA QUE EXERZAN AS SUAS COMPETENCIAS E PROCEDAN Ó INMEDIATO REPARTO PROVISIONAL DAS PRAZAS DE GARAXE VACÍAS NO NOVO EDIFICIO XUDICIAL DA PARDA, advertindo que noutro caso exerceremos as accións que consideremos procedentes‼️📢

PRAZAS DE GARAXE A PARDA

👉👉 Accede ós escritos presentados premendo no arquivo seguinte:       ⤵️⤵️

PRAZAS DE GARAXE – A PARDA – solicitude de inmediato reparto 

SPJ-USO ESIXE Á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA E Á XUIZ DECANA QUE EXERZAN AS SUAS COMPETENCIAS E PROCEDAN Ó INMEDIATO REPARTO PROVISIONAL DAS PRAZAS DE GARAXE VACÍAS NO NOVO EDIFICIO XUDICIAL DA PARDA!!!

SPJ-USO quere mostrar o seu malestar pola situación actual das prazas de garaxe en ámbolos dous edificios xudiciais de A Parda.

Neste caso, a realidade supera a ficción, e este sindicato xa ten remitido a súa solicitude de urxente reparto provisional de tódalas prazas de garaxe por tódolos medios posibles tanto á xuiz Deana como á propia Dirección Xeral de Xustiza, e ó seu máximo representante, o Director Xeral de Xustiza. Mais o tempo pasa e nada cambia.

Ben é certo que a pandemia o Covid-19 paralizouno todo, pero non é menos certo que fai 4 meses se nos garantiu que o reparto definitivo das prazas de garaxe se faría “aproximadamente nun prazo de 2 meses”. Esa mesma expresión, que o reparto definitivo das prazas de garaxe se fará nun prazo aproximado de 2 meses foi feito pola Xuiz Decana a este sindicato SPJ-USO novamente a semana pasada en reunión mantida ó respecto, eso si, neste caso manifestóusenos que o novo prazo de 2 meses sería sendo optimistas, e no mellor dos casos, pois depende das obras que se están a realizar no garaxe do vello edificio. En fin, sobran comentarios, mais a situación non pode seguir así nin un minuto mais, dado que coa “nova normalidade”, esta semana reinicianse os xuizos onde non se reiniciaron xa, e a situación cada día é mais compricada para poder aparcar nas inmediacións da “nova cidade da Xustiza de Pontevedra”.

SPJ-USO esixe á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, e ó seu DIRECTOR XERAL como máximo representante da mesma, que exerza as súas competencias, dada a negativa da Xuiz Decana (á que hábilmente lle pasaron a “papeleta” para desentenderse do reparto…..) e proceda a facer un reparto provisional e inmediato de prazas.

É normal  que arredor dos edificios xudiciais circulemos día tras dia colas de coches durante incluso horas, uns detrás de outros buscando unha praza de garaxe, no canto de estar desenvolvendo o noso traballo??? Pois non…..

E aínda é menos normal tendo en conta que no novo Edificio hai entre UN e DOUS CENTOS (si, entre 100 e 200 prazas) de prazas desocupadas, debido á absoluta desidia e deixadez da Administración.

A única excusa que pon a Xuiz Decana é que non fará ningún reparto provisional ata o reparto definitivo cando rematen as obras para que ninguén ó que se lle conceda praza provisionalmente poida sentirse molesto coa asignación definitivo e cos supostamente “dereitos adquiridos”.

En fin…. este sindicato SPJ-USO co apoio dos traballadores tomará as medidas procedentes se nun breve espazo de tempo non recibe comunicación positiva á súa solicitude de reparto provisional inmediato das prazas de garaxe actualmente desocupadas.

Tendo en conta que no novo edificio hai 233 prazas (289 contando as prazas do vello edificio en obras) e que entre ambos edificios traballan 390 persoas (computando funcionarios, laborais, seguridade, etc) cremos dende SPJ-USO que non debería haber problemas na asignación provisional de prazas, e que no peor dos casos, facendo o reparto o peor posible, non debería haber problemas de aparcamente nas inmediacións de A Parda nin para traballadores, nin como consecuencia para os xusticiables e veciños, dado que quedarían as prazas do exterior libres para eles.

SPJ-USO comprométese a non poñer obxección algunha ó reparto provisional de prazas, aínda que fose feito da peor das maneiras posible…, pero eso si, ESIXIMOS O INMEDIATO REPARTO PROVISIONAL DAS PRAZAS LIBRES.

Outro gaio cantará no momento que se faga o reparto definitivo das mesmas, donde exerceremos as acción que consideremos precisas conforme á xurisprudencia existente ó respecto e estaremos vixiantes, esixindo un reparto XUSTO E EQUITATIVO, IGUALITARIO E PROPORCIONAL DE TODAS AS PRAZAS DE GARAXE NO MOMENTO DO REPARTO DEFINITIVO, QUE ATENDA A CRITERIOS DE EFICIENCIA E VELAREMOS PORQUE O REPARTO DEFINITIVO SEXA UNHA REALIDADE Á MAIOR BREVIDADE POSIBLE.  

Los comentarios están cerrados.