A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA PUBLICA AS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA CON ENTRADA EN VIGOR DAS NOVAS BOLSAS AO DÍA SEGUINTE dA SÚA PUBLICACIÓN
A Dirección Xeral de Xustiza aprobou as bolsas definitivas do persoal interino, convocadas por Resoluciónn 28 de xaneiro de 2022, que están seleccionadas por orden de puntuación para cada provincia e Corpo, e están publicadas na páxina Web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, así como na Intranet de Xustiza e na OPAX.
Efectos da entrada en vigor das novas bolsas: as novas bolsas entrarán en vigor para todos os efectos ao día seguinte á publicación das bolsas definitivas, quedando automaticamente anuladas as anteriores. Con todo, o persoal incluído en bolsas anteriores que no momento da constitución das novas se atope prestando servizos como persoal fun cionario interino poderá continuar no seu posto de traballo ata o seu cesamento.
Persoal funcionario interino que se atope traballando á entrada en vigor das novas bolsas: os nomeamentos de persoal funcionario que estean vixentes no momento de se constituíren as novas bolsas manteranse ata que se produza o seu cesamento. Se o persoal funcionario que cesa forma parte dunha nova bolsa, pasará a ocupar o posto que lle corresponda nesta, de acordo coa puntuación obtida na baremación de méritos.
Aquelas persoas interesadas en quedar en situación de suspensión de chamamentos conforme o establecido no artigo 16 da Orde disporán de cinco días hábiles tras a publicación das listaxes definitivas para cursar a dita solicitude
Listaxes definitivas do persoal interino das novas bolsas:
Corpo auxilio xudicial:
-
A Coruña
-
A Coruña (sen bolsa)
-
Lugo
-
Lugo (sen bolsa)
-
Ourense
-
Ourense (sen bolsa)
-
Pontevedra
-
Pontevedra (sen bolsa)
Corpo de tramitación procesual e administrativa:
-
A Coruña
-
A Coruña (sen bolsa)
-
Lugo
-
Lugo (sen bolsa)
-
Ourense
-
Ourense (sen bolsa)
-
Pontevedra
-
Pontevedra (sen bolsa)
Corpo de xestión procesual e administrativa:
-
A Coruña
-
A Coruña (sen bolsa)
-
Lugo
-
Lugo (sen bolsa)
-
Ourense
-
Ourense (sen bolsa)
-
Pontevedra
-
Pontevedra (sen bolsa)
Listaxes de persoas excluídas
Corpo auxilio xudicial