PAGO 🪙 DOS ATRASOS CORRESPONDENTES A 2022 DA CARREIRA PROFESIONAL e CANTIDADES A PERCIBIR!!!

📢🔊 ÚLTIMA HORA‼️

👉 PAGO 🪙 DOS ATRASOS CORRESPONDENTES A 2022 DA CARREIRA PROFESIONAL e CANTIDADES A PERCIBIR‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso correo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina de atrasos de CARREIRA PROFESIONAL correspondentes ó ano 2022. Esta nómina substitúe á anterior correspondente á nómina e paga extra de  decembro.

🔴 Para determinar as cantidades líquidas a percibir en conta, debemos restar á cantidade líquida a percibir desta nova nómina de decembro, a cantidade líquida percibida en decembro, e o resultado é o que realmente nos ingresarán.

Esta nómina substitúe á anterior, e a administración súbenos a retención non sólo dos atrasos de carreira profesional, se non tamén de toda a nómina de decembro 😡😡

🔴 Trátase dos atrasos 2022 do 👉 grao 2️⃣ dos corpos de TRAMITACIÓN e AUXILIO 👉 e grao 1️⃣ de TÓDOLOS CORPOS.
🔴 O pago faise nunha “nómina correctora da de decembro” e supón as seguintes cantidades:
☑️ Forenses grao 1️⃣: 1.576  € brutos 🪙 
☑️ Xestión grao 1️⃣: 1.103  € brutos🪙
☑️ Tramitación grao 1️⃣ ou 2️⃣: 711,65 € brutos🪙
☑️ Auxilio grao 1️⃣ ou 2️⃣: 604,00 € brutos 🪙
🔴 Fiscalmente é un ingreso a tódolos efectos computable no exercicio fiscal 2022 (irá incluído no certificado de ingresos do 2022), e en consecuencia non será preciso facer unha declaración complementaria do IRPF.
🔴 Lembrade que o prazo de presentación de solicitudes do 👉 Grao 2 para Xestión e Forenses é de 15 días hábiles a partir do 📆 2 de febreiro de 2023.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

 

Los comentarios están cerrados.