ORDE DE INTERINOS EN VIGOR – ORDE 2018+2021 – TEXTO REFUNDIDO

A ORDE de interinos de 2021, modificou parcialmente a ORDE de interinos de 2018, que está parcialmente en vigor.

Dende SPJ-USO, á vista das multiples contradiccións e dúbidas que nos estades a facer chegar en relación á vixencia de ámbalas ordes en vigor, e ante a inexistencia oficial de ningún “texto refundido”, elaboramos un TEXTO REFUNDIDO DA ORDE DE INTERINOS 2018 + 2021 que esperamos vos sexa de axuda, e onde están os artigos en vigor de ámbalas dúas ordes.

Debemos ter en conta que artigos tan importantes como o art. 10 (baremación de méritos), art 16 (suspensión de chamamentos) ou art. 21 (cesamentos) foron amplamente modificados pola orde de 2021.

👉 EN NEGRO OS ARTIGOS EN VIGOR CONFORME Á REDACCIÓN DA ORDE DE 2018.

👉 EN VERMELLO OS ARTIGOS EN VIGOR REDACTADOS CONFORME Á REDACCIÓN DA ORDE 2021.

👉 TACHADO OS ARTIGOS DEROGADOS DA ORDE 2018 POLA ORDE 2021.

 

Accede ó texto refundido ORDE DE INTERINOS 2018 + 2021 elaborado por SPJ-USO 👉: ORDE DE INTERINOS 2018+2021 – texto refundido

 

Lembrámosvos que o prazo de solicitudes para formar parte da nova bolsa de interinos remata o vindeiro día 1 de marzo (incluído), e que para calquera dúbida ou se precisades da nosa axuda para a confección da solicitude estamos á vosa disposición.

Mais información: https://spjusogalicia.com/convocadas-as-novas-bolsas-de-traballo-de-interinos-de-xustiza-en-galicia/

SPJ-USO: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!

Los comentarios están cerrados.