OPOSCIONS/CONCURSOS

spjusoinforma3As adxudicacións de destino aos aprobados do corpo de Xestión Procesual e Administrativa pola quenda de Promoción Interna publicaranse no Boletín Oficial do Estado o próximo día 30 de xaneiro de 2009.

Por outro lado, respecto das Oposicións de 2008, as relacións provisionais de admitidos e excluídos das oposicións poderían saír nuns dez ou quince días, publicándose no Boletín Oficial do Estado. Se isto se cumprise, os primeiros exercicios das oposicións na quenda de promoción interna dos corpos de Xestión e Tramitación Procesual e Administrativa, así como no corpo de Auxilio Xudicial, poderían celebrarse a primeiros de abril de 2009 (antes de Semana Santa). Se isto non fose así se celebrarían xusto despois do devandito período.

A Oferta de Emprego Público 2009, como todos os anos, publicarase a mediados de febreiro próximo.

En canto ao Concurso de Traslados, o Ministerio de Xustiza informou que en breve prazo comezarán a traballar sobre este para que poida saír no primeiro trimestre deste ano.

Los comentarios están cerrados.