O DOGA ANUNCIA O EXPURGO DE EXPEDIENTES PROCEDENTES DOS XULGADOS GALEGOS

NO DOGA de hoxe 22 de febreiro de 2022, publicouse o ANUNCIO do 3 de febreiro de 2022, da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia, polo que se dá publicidade da expurgación de expedientes xudiciais.

Consonte o previsto no artigo 16 do Real decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos arquivos xudiciais, procédese á publicación das resolucións adoptadas pola Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia na sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2021.

Na dita sesión, e de acordo co informe emitido pola consellería competente en materia de patrimonio cultural, acordouse proceder á eliminación de expedientes xudiciais de determinados Xulgados galegos.

Pincha aquí, para acceder á RESOLUCIÓN, DA XUNTA DE EXPURGACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUDICIAL DE GALICIA

Los comentarios están cerrados.