Non houbo sorpresas e, como se prevía, Vigo será a sede do terceiro Xulgado do Mercantil da provincia de Pontevedra.
Esta decisión, a bo seguro, levantará ampolas na capital, Pontevedra, dende onde sempre se reclamou este novo xulgado ao entender que separalos só implicará maiores problemas para o seu funcionamento.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, manifestaba nas últimas horas o seu “si categórico” a favor de que Vigo contase cun Xulgado do Mercantil”. De feito, chegou a asegurar que se o CGPJ o concedía, comezaría a traballar “ao día seguinte” para habilitar os locais necesarios para o seu funcionamento. Locais que terán que ser provisionais, xa que de momento nada se sabe sobre a nova Cidade da Xustiza.
Dende SPJ USO esperamos que pola Conselleria se tomen as medidas oportunas para que o novo Xulgado poida comezar a funcionar na data prevista nuns locais axeitados, dotados de todos os elementos materiais e persoais que sexan necesarios, para o bo desenvolvemento da actividade xudicial
Este último comentario serve tamén para todos os xulgados que empezarán a funcionar no mes de decembro.