NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES 10-2-2022

PUBLICADOS NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS NA INTRANET DE XUSTIZA CON DATA 10/2/2022.

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Postos de traballo ofertados:  Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (11, 14 E 15 de febreiro de 2022).

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.

Adxuntamos arquivo pdf coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS e modelo Anexo II bis de solicitude de substitución⤵️⤵️

👉 Accede á Resolución ofertando Novas substitucións 10-2-2022

👉 Accede ó Anexo Bis II – Solicitude Substitucións.

Los comentarios están cerrados.