Pola Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia déusenos traslado, a todos os sindicatos, de diversa documentación en relación coa implantación da nova oficina xudicial nesta Comunidade:
O primeiro documento é o Proxecto de Decreto polo que se constitúen servizos comúns procesuais xerais na Administración de xustiza. Para miralo fai clic aquí.
O segundo é o Proxecto de Decreto polo que se constitúen unidades técnicoadministrativas nos edificios xudiciais e unidades de apoio a presidencias de tribunais e decanatos dos xulgados. Para miralo fai clic aquí.
O terceiro é un documento informativo sobre a distribución territorial e estrutura das novas unidades. Para miralo fai clic aquí.
O cuarto é un informe sobre a implantación da nova oficina xudicial. Para miralo fai clic aquí.