NOVA FASE PLAN DE RECUPERACIÓN

Resultado de imagen de PLAN DE RECUPERACIÓN TRABALLOCOLGOUSE NA INTRANET A SEGUINTE NOTA  DIRIXIDA AO PERSOAL VOLUNTARIO PARTICIPANTE NO PLAN DE RECUPERACIÓN:

Comeza unha nova fase do Plan de recuperación:
Inicio: 26/11/2018           Fin: 31/12/2018

ORGANOS.-Tribunal Superior de Xustiza e  Seccións civís das Audiencias Provinciais

Nº máximo de horas por funcionario: 20 horas. Non se computarán as fraccións que superen este máximo.
As horas poderán realizarse durante os días comprendidos entre o 26/11/2018 e o 31/12/2018 (ambos incluídos).
Nº máximo de horas por día: 3 horas. Non se computarán polo tanto as
fraccións que superen este período.
Nº mínimo de horas por día: 1 hora. Non se computarán as fraccións inferiores
a este período.
• Fin da xornada extra: A xornada extra non poderá realizarse máis alá das 20.00 horas.
INSTRUCIÓNS
1. Fichaxe
O persoal funcionario só poderá realizar as horas extra ao finalizar a súa xornada
laboral ordinaria.
Deberá ficharse a xornada ordinaria de traballo: a entrada e a saída.
Ademais, e sempre que xa estea fichada a xornada ordinaria, deberá ficharase a
xornada extra (entrada e saída. )
Non se poderá facer, nin se computará, ningún fichaxe realizado con posterioridade á saída da xornada extra.

Inicio da xornada extra: O cómputo da xornada extra iniciarase a partir das 14:31 horas.

2. Parte de actividade.-Ademais de fichar a xornada extra, o persoal deberá cubrir e presentar a través da OPAX un parte de actividade único que recolla todos os días nos que fixo horas extra (independentemente do mes no que realice: novembro/decembro), e no que necesariamente terá que rexistrar diariamente:
• a hora de inicio e fin da xornada extra realizada, aínda que fichara.
• as actividades realizadas durante as horas extra, seleccionando o tipo de actividade, o número de veces que se realizou, e indicando no campo de observacións  o nº/identificador do procedemento.

Peche e presentación do parte único.
1. O parte deberá pecharse e, despois, presentarse telemáticamente a través da
OPAX.
2. O parte deberá pecharse cando todas as xornadas extras realizadas (20
horas máximo) estean rexistradas.
3. O peche e a presentación electrónica poderán realizarse dende o 30 de novembro
ao 4 de xaneiro (ambos inclusive).
4. De non facelo no período sinalado e, por causas xustificadas, poderá autorizarse
a gravación e presentación do parte nunha data posterior.
Acceso ao parte de actividade.
• No sistema OPAX (opax.xunta.es) seleccionar o menú “Plan de recuperación”.
• Indicar o mes e ano de inicio da fase (novembro 2018) e pulsar botón “Buscar”.
• Pulsar o botón “engadir día” para introducir os datos da xornada extra.

IMPORTANTE:
O parte deberá conter a totalidade das xornadas e horas extras realizadas na fase, polo que non deberá validar nin enviar o mesmo se non está completo.

No caso de que inicie as horas extras nun mes e as finalice no seguinte o parte único ten que incluír as xornadas extra de ambos meses.
Non se admitirán, salvo fallo do sistema informático, os partes non  Telemáticos.

ver publicación nota:  Ligazón plan de recuperación

Los comentarios están cerrados.