NOVA BOLSA DE INTERINOS E TRIENIOS INTERINOS

spjusoinforma3Infórmannos que a causa do atraso da publicación da nova bolsa de interinos ata, en principio, a primeira quincena de febreiro, débese ao programa informático que están a elaborar para unha máis eficaz xestión da devandita bolsa. En canto aos trienios están a realizar probas co programa de xestión de nóminas e estalles a dar problemas. De tódolos xeitos a dificultade na elaboración dun bo programa informático non é causa de suspensión da obriga da Administración para cumprir coa lei e por iso deberá responder ante todos os compañeiros afectados por esta situación de inactividade

Los comentarios están cerrados.