O pasado día 16 de Setembro tivo lugar a primeira reunión da Mesa de Negociación no Ministerio para a convocatoria da oposición 2008.
O Ministerio manifestou que estaba aberto a efectuar cambios ou melloras técnicas pero non estaba disposto a unha reforma profunda da convocatoria, sobre todo que afecte á LOPJ ou ao Regulamento por falta de tempo para poder convocar dentro deste ano. Polo tanto o Ministerio non reducirá os temarios, nin eliminará o carácter selectivo do curso de prácticas nin eliminase as probas de carácter oral nin a lectura dos exercicios.
A previsión é rematar as negociacións este mes de Setembro pasando a convocatoria a informe do Ministerio de Administracións Públicas, que tardará en emitilo aproximadamente un mes, co cal, a convocatoria da oposición non se publicaría antes de mediados de novembro. Nova mesa de negociación para o próximo día 25 de setembro.
Unha vez revisados os borradores das convocatorias, que son practicamente iguais aos pasados, os cambios máis significativos son:
* Redución da duración dos cursos selectivos: En Xestión será dun mes para promoción interna e dous meses para quenda libre. En Tramitación será de dúas semanas para promoción interna e dun mes para quenda libre. En Auxilio será de dúas semanas.
* Os cursos terán dúas fases como os desta convocatoria pero prevese que os aspirantes que se atopen en activo en calquera corpo da Administración de Xustiza que prestaran, por máis de 6 meses nos últimos cinco anos, servizos efectivos como funcionarios interinos, ou como substitutos retribuídos en virtude de nomeamento do corpo de Xestión Procesual e Administrativa, antes Oficiais, ou no corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, antes Auxiliares; así como os aspirantes que se atopen en activo en calquera corpo da Administración de Xustiza que prestaran, por máis de 6 meses nos últimos cinco anos, servizos efectivos como funcionarios interinos no Corpo de Auxilio Xudicial, antes Axentes, quedarán, todos eles, exentos da fase de prácticas tuteladas en órgano xudicial que lles serán convalidadas coa cualificación de “Apto”.
* Prevese que antes do Período de prácticas no suposto de renuncia dalgún dos aspirantes, e sempre que o Tribunal propuxese tantos aspirantes como prazas convocadas, o Ministerio de Xustiza poderá requirir este último, relación complementaria de aspirantes que, superando todos os exercicios, sigan os propostos ata completar o total de prazas convocadas.
CONCURSOS DE TRASLADOS
A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO, NON SE REALIZARÁ ATA FINAIS DE OUTUBRO. Segundo o Ministerio, o atraso prodúcese porque deben corrixir os erros que cometeron na gravación dalgunhas instancias, o que provocou adxudicacións dalgúns destinos na relación provisional que non correspondían coas peticións dos interesados.
NOVOS CONCURSOS DE TRASLADO
O Ministerio non convocará novo concurso para cubrir por persoal titular as prazas dos novos xulgados que entran en funcionamento a finais deste ano (1ª Instancia, Instrución e Contencioso) e pretende ofertarlas no concurso ordinario que convocará para o primeiro trimestre do ano 2009.
OFERTA DE PRAZAS APROBADOS OPOSICIÓNS DE XESTIÓN, PROMOCIÓN INTERNA, E DE TRAMITACIÓN, LIBRE
Segundo o Ministerio de Xustiza, a oferta de destinos a estes compañeiros, que comezaron os cursos prácticos este mes de setembro, publicarase no BOE, probablemente, ao longo do mes de outubro, sen indicar datas concretas.