MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO XOVES 24 DE OUTUBRO.

Resultado de imagen de comisiones de servicio y sustituciones

VER NOTA INFORMATIVA MESA SECTORIAL DO 24-10-19

PARALIZACIÓN DAS ORDES DE COMISIÓN DE SERVIZOS E SUBSTITUCIÓNS TRALA IMPUGNACIÓN DE 2 OOSS, tras 2 anos de negociacións ó respeto e 3 reunións.

Tras 3 xuntanzas e 2 anos de negociacións, na mesa Sectorial onde a finalidade era pechar definitivamente e dunha vez por todas as ordes de Comisións e Substitucións, a impugnación e posta en dúbida por parte de DUAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS  da legalidade da orde de Comisións (concretamente a interpretación do termo “vacante”), obriga á Xunta de Galicia a paralizar o peche das ordes e posterior publicación, cos perxuizos que esto causa ó colectivo, para solicitar informe á asesoría xurídica da Xunta (sine die) e posterior convocatoria de nova mesa.

A dita impugnación provoca a paralización absoluta e incomprensible da orde de comisións, tras unha negociación onde os conceptos básicos como a interpretación do termo “vacante” e a determinación de cáles prazas sairían a comisión e cáles a substitución xa quedara clara en xuntanzas anteriores.

A pretensión de SPJ-USO era axilizar definitivamente a orde de Comisións e rematar co desbaraxuste actual na de substitucións, publicando coórdinadamente ambas ordes; o anterior beneficiaría a movilidade de tódolos traballadores (independéntemente do seu destino, corpo ou titulación).

SPJ-USO OPÓNSE ROTÚNDAMENTE Á PARALIZACIÓN DAS NOVAS ORDES.

A continuación achegamos cadro resumo da proposta da Administración, xunto coas alegacións de SPJ-USO.

COMISIÓNS DE SERVIZO;

1-As prazas cubrense por funcionarios do mesmo corpo, en HORIZONTAL.

2-Falecemento, perda da condición de funcionario (incluída xubilación), excedencias, prazas de nova creación, desertas e liberación sindicais.

3-Para funcionarios en servicio activo do mesmo corpo e de calquera ámbito territorial.

4- PREFERENCIA: Primeiro: Supostos excepcionais do artigo 16 da orde (violencia, acoso, etc).

Logo os mesmos criterios que nun concurso (antigüidade + galego); caso de empate acúdese ó escalafón.

Primeiro: Supostos excepcionais do artigo 16 da orde (violencia, acoso, etc).

5-DURACIÓN: UN ANO, prorrogable por outro como máximo

6-  RENUNCIAS: Unha vez adxudicada a praza, a renuncia penalízase coa imposibilidade de acceder a nova comisión nin substitución durante UN ANO.

SPJ-USO solicitou que só se penalicen as renuncias durante os 6 primeiros meses, e que a penalización se rebaixe a 6 MESES.

Logo os mesmos criterios que nun concurso (antigüidade + galego); caso de empate acúdese ó escalafón.

SUBSTITUCIÓNS:

1-As prazas poden cubrirse en VERTICAL (funcionarios do corpo inmediatamente inferior) ou en HORITONZAL (mesmo corpo), tendo preferencia as substitucións verticais.

2-Licencias (incluídas licencias por enfermidade) e permisos de larga duración (superior a 3 meses), prazas desertas tras ser ofertadas a comisión e prazas desocupadas por estar o seu titular en comisión de servizos.

3-Para funcionarios en servicio activo destinados en Galicia e que posúan a titulación do corpo a substituir.

4-PREFERENCIA:

Primeiro: O mesmo órgano.

Segundo:  VERTICAL no mesmo CENTRO DE DESTINO.

Terceiro: VERTICAL DISTINTO CENTRO DE DESTINO.

Cuarto: HORIZONTAL MESMO CENTRO DE DESTINO.

Quinto: HORIZONTAL DISTINTO CENTRO DE DESTINO.

SPJ-USO solicita que nos casos de empate prime sempre o mellor posto no escalafón.

PRAZAS DE NOVA CREACIÓN CONFORME Ó ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO de 23-5-2018.

Tal como vos temos xa informado, a administración traslada o acordado na comisión de seguimento do acordo de 23-5-2018 a esta mesa Sectorial e infórmanos que as prazas de nova creación están remitidas ó Ministerio e pendentes de aprobación definitiva.

Finalmente as mesmas serán ofertadas en Comisión de Servizos que se convocará expresamente ó efecto nos mesmos termos que as Comisións convocadas para os órganos de nova creación, e coas seguintes particularidades:

  • O persoal solicitante deberá levar, como mínimo, un período de 6 meses de DESEMPEÑO EFECTIVO no posto dende o que participa, xa teña este carácter definitivo (concurso de traslados) ou provisional (substitución ou comisión).

4º PUNTO DOS XULGADOS DE PAZ – XESTORES EN FUNCIÓNS DE LETRADOS DOS XULGADOS DE PAZ.

A intención da administración é, trala multitude de sentencias gañadas pola asesoría xurídica de SPJ-USO e os múltiples escritos presentados, en breve espazo de tempo, e tralos informes pertinentes, proceder ó abono do dito punto DE OFICIO a tódolos traballadores afectados.

Los comentarios están cerrados.