Desde o vindeiro 20 de xuño estará dispoñible a nova versión do Punto de Acceso Xeral da Administración de Xustiza (PAGAJ), cun novo deseño que mellora a súa accesibilidade e usabilidade desde dispositivos móbiles.
Publícase información de detalle do Catálogo de Servizos e Solucións Dixitaís da DXTDAX. Ademais de dispoñer dunha ligazón para acceder directamente á solución, sobre cada unha delas poderás coñecer:
-En que consiste.
-Onde está dispoñible.
-Quen a utiliza.
-Que se precisa para acceder.
-Poderás velo a través da nova sección Solucións, no centro do menú superior.
IMPORTANTE: Mantense a mesma dirección de acceso (https://www.administraciondejusticia.gob.es). Como na versión anterior, desde o PAGAJ dispós de acceso, a través da Área Privada (https://paj.justicia.es), aos servizos de consulta e petición de vacacións, consulta de nóminas, acción social, etc.