PRAZO: ATA O 📆 MARTES 13 DE DECEMBRO PARA O ▶Grao 1 en tódolos corpos e ▶Grao 2 para tramitación e Auxilio.
A solicitude debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX.
Ao entrar en OPAX, aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a «traxectoria profesional». Ao premer no enlace de traxectoria profesional, o sistema informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos segundo os datos que figuran neste.
👉No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala.
👉 No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que a persoa solicitante pode acreditar; para o que achegará a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.
🔴MOI IMPORTANTE: non basta con gravar a solicitude, hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que cree máis dunha solicitude, só será válida a última presentada.
🔴 Lembrade que o prazo de presentación de solicitudes é o seguinte:
☑️ Grao 1 para tódolos corpos e Grao 2 para tramitación e Auxilio, 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no doga. DENDE O 21 DE NOVEMBRO ATA O 13 DE DECEMBRO (ambos incluídos).
☑️ Grao 2 para Xestión e Forenses 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro de 2023.