IMPORTANTE. INTERINOS XUSTIZA. ASUNTOS PARTICULARES DE 2017 E 2018 RECUPERADOS: 3+3 DÍAS

Resultado de imaxes para INFORMACION IMPORTANTE

SPJ-USO LOGRA QUE A DXX OUTORGUE OS 3+3 DÍAS OU PARTE PROPORCIONAL Ó TEMPO TRABALLADO NOS ANOS 2017 E 2018 A TÓDOLOS INTERINOS DA XUSTIZA GALEGA, INDEPENDIENTEMENTE DE QUE POIDESEN HABER CESADO OU NON NO TEMPO TRANSCURRIDO DENDE OS ANOS DE DEVENGO DOS MESMOS ATA A ACTUALIDADE.

Corresponderalles a parte proporcional ó tempo traballado nos ditos anos, redondeándose á alza (+0,5) a favor do funcionario solicitante, e poderanos desfrutar nos contratos que teñan ata o 31 de Decembro de 2019, nas mesmas condicións que os titulares.

As xestións e presións exercidas por SPJ-USO deron os seus froitos, a pesares da negativa inicial da Xunta, que seguindo o criterio do Ministerio de Xustiza, negábase a conceder os ditos días ós funcionarios interinos que cesasen dende 2017 ou 2018. Pois ben, SPJ-USO fíxolle ver o inxusto e discriminatorio da medida respecto dos interinos á DXX, que finalmente acordou que , en igualdade de condicións que os titulares (como non podía ser doutra maneira) poderán desfrutar os días ata o 31 de Decembro de 2019, na parte proporcional ó tempo traballado.

Para a solicitude dos días, deberán enviar un escrito vía fax ás delegacións provinciais, firmada co visto e prace do Letrado ou superior correspondente.

 

Los comentarios están cerrados.