IMPORTANTE: CARREIRA PROFESIONAL  – RESUMO DA REUNIÓN DO DIA DE HOXE 23/2 ENTRE OS SINDICATOS FIRMANTES DO ACORDO(SPJ-USO, CCOO E UXT) E A XUNTA

📢🔊 IMPORTANTE: CARREIRA PROFESIONAL  – RESUMO DA REUNIÓN DO DIA DE HOXE 23/2 ENTRE OS SINDICATOS FIRMANTES DO ACORDO(SPJ-USO, CCOO E UXT) E A XUNTA‼️

ℹ️➡️ APERTURA DOS GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL NA XUSTIZA GALEGA e POSTA EN FUNCIONAMENTO DA CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT (ambas con efectos 1 de xaneiro de 2022).

CIRCULAR CARREIRA PROFESIONAL 23-2-2022

🔴 A CARREIRA PROFESIONAL NA XUSTIZA GALEGA VEU PARA QUEDARSE, E SPJ-USO, como IMPULSOR e FIRMANTE DO ACORDO DE CARREIRA, ADEMAIS DE CONSEGUILA, É A GARANTÍA DA MESMA. O ACORDO SEGUE “VIVO” como sempre mantivemos dende SPJ-USO!!!

Mentras uns (STAJ, CSIF, CUT e CIG) presumían do seu gran logro, dilatar a apertura do grado de carreira con sentencias absurdas e sen fundamento, e outros se adicaban a predicar que a carreira había chegado ó seu fin, a apocalipse final, decían (UXT), o sindicato maioritario SPJ-USO seguía a traballar para garantir a continuidade da única carreira profesional a nivel nacional, e así vos informou en todo momento. Unha vez mais, o tempo pon a cada un no seu sitio, e danos a razón. FEITOS, non palabras!!!

En próximas datas (NO MES DE MARZO) procederase á apertura dos GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 e 2 segundo o caso, con apertura do prazo de presentación de solicitudes.

LEMBRADE QUE A PESAR DO RETRASO PRODUCIDO POR MOR DAS SENTENCIAS GAÑADAS NO TSXG POR STAJ, CIGA, CUT e CSIF, O COBRO DO NOVO TRAMO/GRADO SEGÚN O CASO DE CARREIRA PROFESIONAL, SERÁ CON EFECTOS RETROATIVOS A 1 DE XANEIRO DE 2022 (LOGRO DE SPJ-USO).

O cumprimento dos requisitos correspondentes (antigüidade e formación ou un dos criterios xerais de avaliación) deberase acreditar a data 31-12-2021, no corpo en que se esté en servizo activo nesa data na Administración de xustiza en Galicia (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza.

OS FUNCIONARIOS INTERINOS, como sempre vos informamos e así firmou SPJ-USO, accederán neste 2022 ó grado 1 de carreira profesional, coa porcentaxe corresopndente ó seu corpo, mais conforme vos informamos en todo momento, en ningún caso van acceder ata que o fagan os interinos da Xunta de Galicia (que están en proceso de negociación), polo que a apertura de grado para os interinos será posterior ó mes de marzo. En todo caso, SPJ-USO esixirá que o cobro será con efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2022.

Ante a multitude de casos de xente que promocionou nos últimos tempos e reingresos en corpos superiores, lembrade que conforme deixamos firmado, cando un funcionario promociona, o tempo traballado no corpo inferior se lle recoñece íntegramente no corpo superior para os efectos de acceso ó seguinte grado da Carreira.

CLÁUSULA DE REVISIÓN FIRMADA POR SPJ-USO: Aplicarase neste 2022 por primeira vez con data 1/1/2022: ós Xestores (uns 12 euros) e ós Forenses (uns 40 euros).

A CARREIRA PROFESIONAL EN CIFRAS 2022 ⤵️ ⤵️

👉 Accede á circular relativa á comisión de seguemento do acordo celebrada no día de hoxe no pdf adxunto ⤵️⤵️

CIRCULAR CARREIRA PROFESIONAL 23-2-2022

 

Los comentarios están cerrados.