A DXX acaba de informar a SPJ-USO da publicación das listaxes provisionais das novas bolsas mañá venres 3 de xuño ás 12:00 horas.
O prazo de alegacións será de 10 días hábiles, ata o 17 de xuño.
– O persoal admitido figurará nunha lista provisional ordenada seguindo a orde alfabética.
– En canto ao non admitido, indicarase a causa da exclusión.
– Na citada listaxe provisional figurará, asímesmo, a puntuación dos aspirantes tanto admitidos coma non admitidos.
– As listas provisionais publicaranse na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza, mediante resolución asinada electronicamente.
– As persoas interesadas terán dez días hábiles desde a publicación das listas provisionais para reclamar, de conformidade co establecido na resolución da convocatoria, sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria, pero sen poder invocar nin acreditar outros méritos distintos aos alegados na solicitude.
▪️ Manterémosvos puntualmente informados.