IMELGA: CONVOCATORIA CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS e POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN

No DOG de hoxe, 15 de setembro, a DXX  convocou a concurso específico de méritos as prazas vacantes de cadansúa xefatura de sección da Área de Patoloxía Forense e da Área de Clínica Médico-Forense na Subdirección Territorial da Coruña, e de xefatura de sección da Área de Clínica Médico-Forense na Subdirección Territorial de Ourense, todas elas do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

O prazo para presentar as solicitudes é de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para máis información aquí vos deixamos o enlace a convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210915/AnuncioG0595-070921-0003_gl.html

Igualmente publicouse a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Para máis información aquí vos deixamos o enlace a convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210915/AnuncioG0595-030921-0002_gl.html

Los comentarios están cerrados.