EGAP – CURSOS: «XORNADA: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN XUDICIAL DE ACTIVOS»

Resultado de imagen de FORMACION EGAPNo DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019 pola que se convoca a xornada Administración e xestión xudicial de activos.

O obxectivo principal desta xornada é dar a coñecer a situación legal dos activos intervidos xudicialmente no marco dos procedementos penais así como as distintas ferramentas e posibilidades de xestión, administración e realización que se atopan ao dispor das unidades xudiciais, coa finalidade de optimizar a xestión dos ditos patrimonios.”

Data: martes, 8 de outubro de 2019.

Horario: de mañá e tarde.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 

O prazo para a inscrición estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 6 de outubro de 2019.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>

Amplía información, accede ó DOG pinchando no enlace adxunto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191001/AnuncioO150-230919-0001_gl.html

Los comentarios están cerrados.