EGAP: CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN PARA O PERSOAL DE XUSTIZA E OS FORENSES

Publicada no Doga de hoxe  a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Asimesmo, aparecen os seguintes cursos dirixidos ó persoal da Administración de Xustiza e ós médicos forenses do IMELGA:

  • Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos a realizar entre o 21 de marzo e o 26 de abril de 2022 na modalidade de teleformación. A data do exame será o 29 de abril as 16,30 horas. (Para o persoal da administración de Xustiza).
  • Informes periciais e discapacidade en relación coa nova Lei 8/2021, dirixido os médicos forenses do Imelga. A realizar na modalidade de telepresenza o  día 30 de marzo, das 9.30 ás 14.00 h e das 15.30 ás 19.00 h e o día  31 de marzo, das 9.30 ás 14.00 h e das 15.30 ás 18.00 h. A data de exame será o 31.3.2022 17.30 h.

SOLICITUDES E PRAZOS: DEZ DÍAS DENDE O 16/02/2022 mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible  na dirección:

 <https://egap.xunta.gal/matricula&gt>

Amplia información e accede ó DOG: ⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220215/AnuncioO150-070222-0001_gl.html

Los comentarios están cerrados.