DOG. PUBLICADA A ORDE DA SUBA DO 0,25% PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

Resultado de imagen de subida de sueldo Publícase no DOG de hoxe a ORDE do 1 de xullo de 2019 pola que se actualiza con efectos do 1 de xullo de 2019 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica. Dito incremento do 0,25% regulouse no Real Decreto Lei 24/2018 de 21 de decembro no que se establecían as retribucións do persoal ao servizo do sector público. No Real Decreto reflexábase que se engadiría esta porcentaxe (0,25%) sempre e cando o Produto Interior Bruto (PIB) chegase ou superase o 2,5% no ano 2018.

De este modo as nóminas dos empregados públicos reflexarán esta subida a partir da nómina de xullo de 2019.

Enlace ao DOG

Los comentarios están cerrados.