CORONAVIRUS E PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE

Ante a lóxica preocupación dos compañeiros da xustiza galega e a multitude de preguntas recibidas referente ás medidas adoptadas pola Xunta de Galicia respecto dos funcionarios da Xustiza Galega en relación ó CORONAVIRUS precisamos:

  • Manterémosvos puntualmente informados de calquera novidade que vaia surxindo, tendo en conta que no día de hoxe temos xuntanza sobre Carreira Profesional, onde, sen dúbida se falará sobre as medidas referentes ó coronavirus.
  • Estaba previsto que no doga de hoxe venres 13 se publicasen medidas para a Xunta de Galicia, aplicables para nós, aínda que concretamente para a administración de Xustiza non se acordou nada específico.
  • Lembramos que nos é aplicable, subsidiariamente, a Resolución do Ministerio de Xustiza e a Secretaría de Estado de Función Pública, sobre o permiso por deber inexcusable para o coidado de fillos menores ou maiores a cargo.
  • Dende SPJ-USO, non estando previsto o peche dos Xulgados, recomendámosvos que no caso de ter que solicitar permiso para coidado de fillos menores ou maiores a cargo en relación co coronavirus, podedes solicitar o PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE a través da OPAX.
  • Adxuntamos información sobre o dito permiso, así como pdf coa Resolución da Secretaría de Estado de Función Pública e información sobre o permiso por deber inexcusable.

Manterémosvos puntualmente informados.

Accede á resolución de Función Pública: Resolución Secretaría de Estado de Función Pública

Información sobre o permiso por deber inexcusable:

Permiso por DEBER INEXCUSABLE

Los comentarios están cerrados.