Publicouse no Diario Oficial de Galicia do 29 xaneiro a convocatoria dos cursos preparatorios para os certificados en lingua galega que se desenvolverán nas escolas oficiais de idiomas en 2010.
Son cursos gratuítos dirixidos a calquera persoa maior de dezaseis anos. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación. Son só cursos preparatorios para as probas dos Celga que convoca todos os anos a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As solicitudes poderanse presentar, a partir do día seguinte ao da publicación da súa convocatoria (como xa se indicou, DOG do 29 de xaneiro), na propia escola oficial de idiomas onde vai ter lugar o curso.
Para consultar as datas e a relación dos cursos ofertados, así como tamén para imprimir a solicitude, prema na seguinte ligazón: VER DOG