Como ben sabeis, SPJ USO vén de solicitar a convocatoria URXENTE do Comité de Seguridade e Saúde que acorda a Lei de Prevención de Riscos.
A Dirección Xeral de Xustiza fixou data para o próximo 27 DE SETEMBRO ÁS 10 DA MAÑÁ NO EGAP.
Poñemos en coñecemento de todos os compañeiros que calquera alegación, suxestión, dúbida que queirades que transmitirnos poñádela no noso coñecemento.
ORDE DO DÍA:
- Cursos de formación en materia de prevención de riscos laborais
- Avaliación de traballos de campo
- Investigación de accidentes de traballo
- Información respecto de:
o Avaliación de riscos realizadas en edificios xudiciais.
o Plans de emerxencia e evacuación de edificios.
o Adaptacións de postos e adscricións por motivos de saúde.
o Accidentes de traballo e enfermidades profesionais 2018
- Programación 2019
- Información respecto de obras en edificios
- Rolda libre de intervencións