CONVOCADAS COMISIÓNS DE SERVIZOS NOS XULGADOS DE NOVA CREACIÓN DE GALICIA

Vén de publicarse a Resolución do 4 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

⭕ Os novos Xulgados son: 
☑️ Xulgado do Social 7 da Coruña.
☑️ Xulgado do Social 4 de Lugo.
☑️ Xulgado do Social 7 en Vigo.

👉 O prazo de presentación de solicitudes será do 08/02/2021 ata o 12/02/2021.

👉 Modelo de solicitude: ANEXO II

👉 Solicitantes: Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, o persoal funcionario de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atope en situación de servizo activo no mesmo corpo dos postos que se convocan e que no prazo de presentación de solicitudes leve prestando como mínimo seis (6) meses de servizos no posto desde o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.

👉 Criterios de adxudicación: mesmos criterios ca nun concurso de traslados: antigüidade e nivel de coñecemento da lingua galega. En caso
de empate acudirase ao escalafón.

👉 IMPORTANTE: Aqueles solicitantes que durante o procedemento de resolución das comisións de servizo convocadas pola presente resolución obteñan destino definitivo mediante calquera outro proceso de provisión, entenderase que desisten da solicitude presentada ao abeiro desta convocatoria.

👉 Accede á convocatoria e anexos:

COMISIÓNS DE SERVIZO NOS XULGADOS DE NOVA CREACIÓN – Galicia

 

Los comentarios están cerrados.