Comisións de Servizos

Comunícanos a DXX que en breves datas sacarán a concurso as Comisións de Servizos para as prazas de Xestión e Tramitación dos novos Servizos Comúns de Atención ao Cidadán e á Vítima de Ourense, Lugo, Santiago, Ferrol e Vigo. En Coruña e Pontevedra crearíase unha praza de tramitación.
Probablemente na mesma convocatoria se oferten as prazas dos órganos de nova creación que entran en funcionamento a finais de decembro.

Nestas comisións de servizo valoraríase unicamente a antigüidade e os cursos de galego (igual que nun concurso de traslados).

Los comentarios están cerrados.