COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 📆 19/4/22 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CORPO DE AUXILIO XUDICIAL‼️

ÚLTIMA HORA: No día de hoxe publicouse na Intranet de Xustiza a resolución de adxudicacións definitivas de postos do corpo de auxilio xudicial.

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses
contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

ver resolución de adxudicacións:

https://cpxt.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/conselleria-3/non-indexar/19042022-adxudicacion-definitiva-CAX.pdf

 

Los comentarios están cerrados.