COMISIÓNS DE SERVIZOS DO 12/01/23
GALICIA
PUBLICADA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL.
Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles.