A DXX acaba de informar que mañá venres 25 publicarase no DOG a resolución que regula as comisións de servizo, de conformidade co establecido no artigo 527.1 da Lei orgánica do poder xudicial e no artigo 73 do Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro. O texto foi modificado respecto do informado na mesa sectorial, incorporando parte das achegas formuladas polas organizacións sindicais tras a mesa. En relación ás prazas a ofertar en comisión de servizos, mantéñense os supostos contemplados e que foron informados pola asesoría xurídica.
👉 As modificacións son nos termos que xa vos explicamos dende SPJ-USO, impulsor desta nova normativa.