COMEZA UNHA NOVA FASE DO PLAN DE RECUPERACIÓN (Inicio: 27.05.2019 Fin: 28.06.2019)

Nº máximo de horas por funcionario: 20 horas. Non se computarán as fraccións que superen este máximo.

As horas poderán realizarse durante os días comprendidos entre o 27.05.2019 e o 28.06.2019 (ambos incluídos).

Nº máximo de horas por día: 3 horas. Non se computarán polo tanto as fraccións que superen este período.

Nº mínimo de horas por día: 1 hora. Non se computarán as fraccións inferiores a este período.

Fin da xornada extra: A xornada extra non poderá realizarse máis alá das 20:00 horas.

ÓRGANOS DA 3ª FASE

  1. a) Servizos de Notificacións e Embargos
  2. b) Rexistros Civís Exclusivos da Coruña e Vigo
  3. c) Os seguintes Xulgados do Penal:
  • Santiago de Compostela: nº 1 e 2
  • Ferrol: nº 1 e 2
  • Lugo: nº 2
  • Ourense: nº 1 e 2
  • Pontevedra: nº 1, 2, 3 e 4
  • Vigo: nº 1, 2 e 3
  1. d) Os seguintes Xulgados do Social:
  • A Coruña: nº 1, 2, 3, 4 e 5
  • Santiago de Compostela: nº 1, 2 e 3
  • Lugo: nº 1, 2 e 3
  • Vigo: nº 1, 2, 3, 4 e 5
  1. e) Secretaría do Goberno do TSXG
  2. f) As seguintes seccións das Audiencias Provinciais:
CIVIL – SEC. Nº 5 DE LA A. PROV. DA CORUÑA
CIVIL/PENAL SEC. Nº 2 DE LA A. PROV. DA CORUÑA
CIVIL – SEC. Nº 1 DE LA A. PROV. DE LUGO
CIVIL – SEC. Nº 1 DE LA A. PROV. DE OURENSE
CIVIL – SEC. Nº 1 DE LA A. PROV. DE PONTEVEDRA
PENAL – SEC. Nº 2 DE LA A. PROV. DE LUGO
PENAL – SEC. Nº 2 DE LA A. PROV. DE OURENSE
PENAL – SEC. Nº 4 DE LA A. PROV. DE PONTEVEDRA
PENAL – SEC. Nº 5 DE LA A. PROV. DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO

SECCIÓN 6ª A. PROV DA CORUÑA CON SEDE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA 4

INSTRUCIÓNS

  1. Fichaxe

O persoal funcionario só poderá realizar as horas extra ao finalizar a súa xornada laboral ordinaria.

Deberá ficharse a xornada ordinaria de traballo: a entrada e a saída.

Ademais, e sempre que xa estea fichada a xornada ordinaria, deberá ficharase a xornada extra (entrada e saída). • A hora de inicio e fin da xornada extra realizada, aínda que fichara. • As actividades realizadas durante as horas extra, seleccionando o tipo de actividade,

Non se poderá facer, nin se computará, ningún fichaxe realizado con posterioridade á saída da xornada extra.

Inicio da xornada extra: O cómputo da xornada extra iniciarase a partir das 14:31 horas.

  1. Parte de actividade

Ademais de fichar a xornada extra, o persoal deberá cubrir e presentar a través da OPAX un parte de actividade único que recolla todos os días nos que fixo horas extra (independentemente do mes no que as realice: abril/maio), e no que necesariamente terá que rexistrar diariamente:

A hora de inicio e fin da xornada extra realizada, aínda que fichara.

  • As actividades realizadas durante as horas extra, seleccionando o tipo de actividade, o número de veces que se realizou, e indicando no campo de observacións o nº/identificador do procedemento.

Peche e presentación do parte único.

  1. O parte deberá pecharse e, despois, presentarse telemáticamente a través da OPAX.
  2. O parte deberá pecharse cando todas as xornadas extras realizadas (20 horas máximo) estean rexistradas.
  3. O peche e a presentación electrónica poderán realizarse a partir do 31 de maio e ata o 5 de xullo (ambos inclusive).
  4. De non facelo no período sinalado e, por causas xustificadas, poderá autorizarse a gravación e presentación do parte nunha data posterior. • No sistema OPAX (opax.xunta.es) seleccionar o menú “Plan de recuperación”.
    • Indicar o mes e ano de inicio da fase (maio 2019) e pulsar botón “Buscar”.
    • Pulsar o botón “engadir día” para introducir os datos da xornada extra.

Acceso ao parte de actividade.

IMPORTANTE:

O parte deberá conter a totalidade das xornadas e horas extras realizadas na fase, polo que non deberá validar nin enviar o mesmo se non está completo.

No caso de que inicie as horas extras nun mes e as finalice no seguinte o parte único ten que incluír as xornadas extra de ambos meses.

Non se admitirán, salvo fallo do sistema informático, os partes non telemáticos.

Los comentarios están cerrados.