Archivo de la categoría: INFORMACIÓN LOCAL PONTEVEDRA

SPJ-USO SOLICITA DE MANEIRA URXENTE A CONCESIÓN DE TRES PROLONGACIÓNS DE XORNADA PARA O XULGADO DE VIOLENCIA DE PONTEVEDRA (INSTRUCCIÓN 3) E DENUNCIA A DISCRIMINACIÓN EVIDENTE ENTRE PONTEVEDRA E AS RESTANTES CIDADES GALEGAS EN CANTO Ó XULGADO DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

FEITOSSPJ-USO SOLICITA POR ESCRITO que DE MANEIRA URXENTE se acorde A CONCESIÓN DE TRES PROLONGACIÓNS DE XORNADA PARA O XULGADO DE VIOLENCIA DE PONTEVEDRA (INSTRUCCIÓN 3) E DENUNCIA A DISCRIMINACIÓN EVIDENTE ENTRE PONTEVEDRA E AS RESTANTES CIDADES GALEGAS EN CANTO Ó XULGADO DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Accede ó Xustificante de presentación da solicitude de  3 Prolongacións de Xornada para o Xulgado de Violencia de Pontevedra (Instrucción 3) -PR004A-20230320

Solicitamos se autoricen por parte da Dirección Xeral de Xustiza tres prolongacións de xornada rotatorias para o Xulgado de Instrucción número 3, con competencias en Violencia sobre a Muller de Pontevedra. A  presente solicitude foi igualmente presentada formalmente pola Letrada do dito Xulgado, e previamente consensuada polos integrantes da oficina xudicial.

Este Xulgado está “abandoado” á man de Deus, e especialmente débese resaltar que funciona decentemente gracias ás horas que fan a diario as persoas que traballan no mesmo, sufrindo unha escasez de medios nin siquiera comparable coa que padecen os demais Xulgados de Violencia das demais cidades galegas, compatibilizando as tareas propias do órgano coas de violencia de xénero.

Debemos resaltar que nas demais grandes ciudades galegas os Xulgados con competencias en Violencia de Xénero contan con:

  • Ourense SEIS prolongacións de xornada actualmente, que anteriormente eran DUAS.
  • A Coruña, Vigo, Lugo, e Santiago: DUAS prolongacións de xornada.
  • Ferrol, UNHA prolongación de xornada.
  • Os números son “evidentes”…..

O actual funcionamento do xulgado fai difícil que o persoal funcionario poida compaxinar vida familiar e laboral, e sen prexuizo de buscar unha solución integral por medio dun plan de actuación que resolva esta situación nos Xulgados de Violencia galegos en xeral, con creación de órganos, unha bolsa de horas, e unha compensación económica xusta, débense dar solucións provisionais de maneira inmediata.

É moi difícil compaxinar o traballo diario cando no Xulgado se ten que adicar unha mañá enteira a un único só caso de violencia (toma de declaración á vítima, ó agresor, orden de alexamento, prisión no seu caso, etc…..) e eso esixe unha adicación case exclusiva que cos medios existentes non é viable.

Por suposto que no caso de Pontevedra, o Xulgado de instrucción nº 3 está de garda unha de cada 3 semanas, non tratándose dun Xulgado exclusivo de Violencia.

Sobre decir que os funcionarios do dito Xulgado de Violencia de Xénero traballan tódolos meses mais horas das legalmente estipuladas, e en moitas ocasións non poden sequera desfrutar das horas mínimas de descanso normativamente establecidas; e a cambio non reciben contraprestación alguna, nin económina nin por medio de permisos ou outras compensacións.

Na última xuntanza de mesa sectorial de 9/3/2023 a DXX incluíu o asunto de Violencia de xénero na orde do día para comunicarnos a creación do Xulgado de Violencia exclusivo de Santiago de Compostela, cousa que aplaudimos, pero a problemática existente nos demais xulgados de violencia galegos segue ahí, e parece non importar a ninguén mais alá que o 8M, día no que si como mínimo se “fala” do  tema.

Non consideramos preciso resaltar aquí as estadísticas do Xulgado mencionado por ser públicas as mesmas e ter coñecemento delas a Dirección Xeral de Xustiza, así como porque foron oportunamente comunicadas pola Letrada do dito órgano na solicitude de prolongación de xornada.

Pois ben, dende SPJ-USO esiximos se autoricen tres prolongacións de xornada para o Xulgado de Violencia de Pontevedra, e non permitiremos que continúe a discriminación que está a facer a Dirección Xeral de Xustiza co Xulgado de Violencia de Pontevedra en relación dos das restantes cidades galegas, e no caso de non acordarse o anteriormente solicitado á maior brevidade posible (solicitamos a efectividade da medida con data 1 de abril de 2023) verémonos na obriga de acordar as medidas de presión que consideremos procedentes xunto cos traballadores do dito Xulgado, así como a posta en coñecemento da opinión pública a través dos medios de comunicación.

PONTEVEDRA – EDIFICIO DE “A PARDA”: A Xunta anuncia (unha vez mais…) as melloras de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda.

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, reuniuse hoxe con representantes do sector xudicial de Pontevedra, segundo nota de prensa remitida ós medios, a pesar de que os funcionarios da Administración de Xustiza non tiñan representación na dita xuntanza por medio das organizacións sindicais, que non fomos “invitadas” nin “informadas”. A xuntanza foi  para abordar os traballos previstos no decanato, no xulgado de garda, na subdirección do Imelga, no servizo de seguridade e nos despachos dos sindicatos.

Ademais do director xeral de Xustiza, como representantes da Administración de Xustiza de Pontevedra estiveron á xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido; o secretario coordinador provincial de Pontevedra, José Miguel Formoso Sobrado; e á subdirectora do Imelga en Pontevedra, Beatriz Otero (reiteramos que o colectivo mais amplo, os funcionarios da Administración de Xustiza (Xestores, Tramitadores, Auxilios e Médicos Forenses), non tivemos representación na citada xuntanza). 

O Director Xeral trasladou ós presentes as medidas de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda. En concreto, anunciou a próxima licitación por máis de 221.700 euros de actuacións neste inmoble nos espazos que ocupan a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en Pontevedra, o decanato e o xulgado de garda, o servizo de seguridade, e nos despachos dos sindicatos. Ademais, inclúen o pintado de parámetros interiores e das escaleiras de emerxencia.  

Entre os traballos previstos destacan a instalación de tomas de voz e datos e de paneis led nestas instalación ou o incremento nos sistemas de protección e medidas de seguridade, segundo se dixo. No caso do Imelga renovaranse os aseos e instalarase un termo eléctrico; no xulgado de garda levarase a cabo a renovación da climatización cunha nova bomba de calor e reformarase o espazo; mentres que no decanato destaca a substitución da carpintería interior de aluminio, incluído o acristalamento do mostrador.

Dende SPJ-USO celebramos se leven a efecto, ó fin, as actuacións anunciadas, algunhas delas reiteradas ducias de veces por este Sindicato SPJ-USO, mais estaremos vixiantes pola correcta execución dos traballos que, de novo, foron anunciados.

 

IMPORTANTE – TOMAS DE POSESIÓN NO CONCURSO 2022 NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

📢🔊 SPJ-USO CONSIDERA NON AXUSTADA Á LEGALIDADE VIXENTE A COMUNICACIÓN REMITIDA POLA DXX NO DÍA DE ONTE ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS REFERENTE ÁS TOMAS DE POSESIÓN NO CONCURSO O DÍA 28 DE MARZO POR SER FESTIVO EN VIGO.‼️

🔴👉 SOLICITAMOS QUE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NON SE CONSIDERE DÍA HÁBIL A EFECTOS DO CÓMPUTO DO PRAZO POSESORIO O DÍA 28 DE MARZO, CONFORME Ó DISPOSTO NA LEI DE CÓMPUTO DE PRAZOS‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ SPJ-USO ven de presentar escrito, estando á espera de resposta formal á maior brevidade para evitar perxuizos irreparables conforme solicitamos especialmente ós compañeiros afectados e concretamente ós funcionarios do corpo de Tramitación Procesual e Administrativa adxudicatarios no concurso de traslados 2022.

🔴 Conforme á lei 39/2015 de cómputo de prazos, “cando o último día de un prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte” (os tramitadores que cesan o 23 e toman posesión na mesma localidade están nese suposto) e ó mesmo tempo “cando un día sexa inhábil no municipio da sede do órgano administrativo considerarase inhábil en todo caso”.

📣👉 Ámbalas dúas situacións anteriores son as que se dan en Vigo (sede do órgano administrativo ou Delegación) e polo anterior enténdese, conforme á lei antes mencionada, que o día 28 de marzo non debe computar en ningún caso para o prazo posesorio na provincia de Pontevedra, entendendo que a instrucción da Delegación Territorial remitida no día de onte ás organizacións sindicais referente a tomas de posesión na provincia de Pontevedra o día 28 polo concurso de traslados debe ser rectificada por considerala non axustada á legalidade vixente.

▪️ Solicitamos unha resposta á maior brevidade da que vos informaremos puntualmente.

 

SPJ-USO DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DE CONSERVACIÓN DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E ESIXE SOLUCIÓNS ÁS HUMIDADES EXISTENTES.

Tras diversas xestións ó respecto, e previo compromiso verbal de que en breve se solucionará o problema, SPJ-USO ven de esixir formalmente por escrito que se dé SOLUCIÓN URXENTE á problemática das humidades existentes na AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, e especialmente na oficina da Audiencia Provincial, Sección 4 de Pontevedra. Esta problemática, como é de sobra coñecido, arrástrase dende hai tempo, tendo o último capítulo en canto a inundación no pasado mes de novembro. En todo caso, a problemática da Sección 4 ven de antes, e dende SPJ-USO entendemos que se demore o arranxo integral da cuberta da Audiencia Provincial, mais, a solicitude dos traballadores, non podemos  pasar por alto que a situación da Sección 4, ademais de lamentable estéticamente, é perxudicial para a saúde dos traballadores (e mais se cabe tendo en conta que varios traballadores sufren problemas de asma, alerxia e similares que se están agravando pola situación laboral que se ven obrigados a sufrir a diario). Polo anteriormente exposto, é polo que solicitamos que se dé unha solución aínda que sexa  de maneira provisional á Sección 4, pois noutro caso desde este sindicato verémonos abocados a denunciar a situación públicamente nos medios de comunicación así como ante a Inspección de Traballo, se nun prudencial espazo de tempo non recibimos resposta afirmativa á nosa solicitude.

Dado que unha imaxe vale mais que mil palabras, adxunto imaxes da situación actual da Sección 4.

Sigue leyendo

📢🔊 PROGRAMACIÓN DO ENCENDIDO DA CALEFACCIÓN NO EDIFICIO NOVO DA PARDA – Pontevedra‼️

FEITOSℹ️➡️ Ante as queixas presentadas supostamente por algunha organización sindical na Dirección Xeral de Xustiza polas baixas temperaturas do edificio novo de A Parda (Pontevedra), no que se dí que “o sistema non se encende ata que chega o primeiro funcionario ó correspondente Xulgado”, e no que supostamentee se solicita “que se busque a fórmula axeitada para que así sexa” dende SPJ-USO informamos: ⤵️⤵️

👉 Dada a diferente situación de cada un dos Xulgados e as diversas opinións dos traballadores de cada órgano do novo edificio, se en algún órgano desexades programar a calefacción para que se encenda con antelación ás 7:30 horas a fin de que a temperatura ó chegar sexa a mais axeitada posible, podedes comunicalo a este sindicato para que se programe, cousa que se fará polos responsables de mantemento como xa se fixo en diversos órganos do edificio a solicitude de SPJ-USO.

🔴 Menos demagoxia e mais “FEITOS, non palabras!!!”